Na Beira

Xunta de Galicia. Conselleria de Cultura e Deporte FGCMF Fundación Deporte Galego

Novedades

O peirao de Curuxeiras acolleu do 5 ao 8 de xullo o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia

A festa das embarcacións tradicionais reuniu en Ferrol a representantes de toda a Península e de Francia.

5 de xullo de 2007

Máis dun cento de embarcacións procedentes de toda a Península Ibérica e de Francia participaron na gran celebración da cultura marítima e fluvial en Ferrol.

 


Participarán duascentas embarcacións tradicionais chegadas de toda a Península Ibérica e de Francia

Ferrol será sede do VIII Encontro de Embarbacións Tradicionais de Galicia

27 de xuño de 2007

Esta celebración conta co apoio da Consellaría de Cultura e Deporte, embarcada na promoción e difusión da cultura marítima e fluvial galega a través do programa NaBeira08, que está a percorrer toda a costa galega para amosar as nosas embarcacións tradicionais.


Nabeira continúa a súa andaina logo de recalar en Cambados

18 de xuño de 2007

A exposición Patrimonio do vento e do sal: embarcacións tradicionais galegas estivo este domingo, 17 de xuño, no Paseo da Calzada de Cambados.

 

 


Éxito de público e participación nas actividades desenvoltas por Nabeira en Monforte

11 de xuño de 2007 A capital da Ribeira Sacra, premiada pola seu proxecto de recuperación da cultura marítima e fluvial foi este domingo o escenario para a última parada da itinerancia do proxecto Nabeira, que se instalou en pleno casco histórico, na Rúa Cardeal.


Vilagarcía acolleu o domingo a exposición Patrimonio do Vento e do Sal

22 de maio de 2007

Despois do seu paso por Vigo, Cangas, Bueu e Pontevedra a itinerancia de Nabeira08 chegou a Vilagarcía este domingo 27 de maio, coa maior presenza de embarcacións tradicionais galegas despregada ata o momento neste proxecto.   


Na Boa Vila

Nabeira estivo en Pontevedra

17 de maio de 2007

A praza da Ferrería da cidade de Pontevedra acolleu unha nova parada do Proxecto Nabeira08 nun día marcado pola celebración do Día das Letras Galegas.


| 1 | 2

Teléfonos de contacto: 981 542 607 / 629 422 907

Aviso legal | Accesibilidade