Na Beira

Xunta de Galicia. Conselleria de Cultura e Deporte FGCMF Fundación Deporte Galego

Éxito de público e participación nas actividades desenvoltas por Nabeira en Monforte

11 de xuño de 2007 A capital da Ribeira Sacra, premiada pola seu proxecto de recuperación da cultura marítima e fluvial foi este domingo o escenario para a última parada da itinerancia do proxecto Nabeira, que se instalou en pleno casco histórico, na Rúa Cardeal.


Coma en todas as paradas de NaBeira, os visitantes da exposición tiveron a oportunidade de achegarse ao patrimonio marítimo e fluvial de galego, apoiado e promovido por este proxecto posto en marcha a través da coordiinación da Consellería de Cultura e Deporte e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial.

A vindeira parada será o domingo 17 de xuño en Cambados.

 

Outras novas de actualidade

Teléfonos de contacto: 981 542 607 / 629 422 907

Aviso legal | Accesibilidade