22 de maio de 2007
Despois do seu paso por Vigo, Cangas, Bueu e Pontevedra a itinerancia de Nabeira08 chegou a Vilagarcía este domingo 27 de maio, coa maior presenza de embarcacións tradicionais galegas despregada ata o momento neste proxecto.
A vila arousana acolleu con grande éxito a nova parada da itinerancia da Exposición Patrimonio do Vento e do Sal, Embarcacións Tradicionais de Galicia.
O proxecto Nabeira08 e a súa itinerancia chegaron ao seu ecuador coa maior presenza de embarcacións tradicionais galegas despregada ata o momento, o que fomentou, a pesar da inestabilidade climatolóxica, a participación d@s arousáns nas actividades desenvolvidas en torno á exposición sobre o patrimonio fluvial e marítimo de Galicia.
Teléfonos de contacto: 981 542 607 / 629 422 907