Unha das embarcacións participantes na mostra
MOSTRA ITINERANTE
6 de maio de 2007
Patrimonio do vento e do sal chegou a Bouzas e fixo as delicias dun gran número de nenos e nenas que participaron activamente nos obradoiros que acompañan a exposición. A presenza de embarcacións tradicionais, tanto en terra como na auga, chamou a atención de moitas familias viguesas.
Ademais os nenos e as nenas tiveron un grande entretemento nos talleres e obradoiros, nos que tiñan que mostrar a súa pericia a hora de pescar e aprendían cales eran as especies existentes, así coma os tamaños mínimos para poder pescalos. Tamén mostraron a súa paciencia para montar maquetas de embarcacións tradicionais, actividade na que contaban coa colaboración dos pais e nais. E para os máis audaces houbo un bautismo marítimo diferentes, xa que algúns nenos e nenas animáronse a navegar en faluchos, coa axuda de mariñeiros experimentados.
E mentres, os interesados e interesadas podían ir coñecendo a historia do patrimonio marítimo e fluvial galego, tanto grazas as maquetas das diferentes embarcacións como na exposición que se podía contemplar sobre a explanada situada diante da praia de Bouzas.
Teléfonos de contacto: 981 542 607 / 629 422 907