Na Beira

Xunta de Galicia. Conselleria de Cultura e Deporte FGCMF Fundación Deporte Galego

Unha das embarcacións participantes na mostra

MOSTRA ITINERANTE

'Patrimonio do vento e do sal' en Bouzas

6 de maio de 2007

Patrimonio do vento e do sal chegou a Bouzas e fixo as delicias dun gran número de nenos e nenas que participaron activamente nos obradoiros que acompañan a exposición. A presenza de embarcacións tradicionais, tanto en terra como na auga, chamou a atención de moitas familias viguesas.


O proxecto Nabeira08 comezou a dar os seus primeiros pasos en Bouzas coa itinerante Patrimonio do Vento e do Sal, xunto con obradoiros e talleres para os máis pequenos e pequenas, converteuse na gran protagonista das horas de lecer dos centros de persoas que aproveitaron o día festivo para achegarse ata o paseo marítimo de Bouzas. Desta forma, as embarcacións tradicionais (tanto na auga como en terra) fixeron as delicias tanto dos nenos e nenas, como dos pais e incluso dos avós, que eran os que mellor coñecían as embarcacións e incluso podía explicar as súas características.

Ademais os nenos e as nenas tiveron un grande entretemento nos talleres e obradoiros, nos que tiñan que mostrar a súa pericia a hora de pescar e aprendían cales eran as especies existentes, así coma os tamaños mínimos para poder pescalos. Tamén mostraron a súa paciencia para montar maquetas de embarcacións tradicionais, actividade na que contaban coa colaboración dos pais e nais. E para os máis audaces houbo un bautismo marítimo diferentes, xa que algúns nenos e nenas animáronse a navegar en faluchos, coa axuda de mariñeiros experimentados.

E mentres, os interesados e interesadas podían ir coñecendo a historia do patrimonio marítimo e fluvial galego, tanto grazas as maquetas das diferentes embarcacións como na exposición que se podía contemplar sobre a explanada situada diante da praia de Bouzas.

Outras novas de actualidade

Teléfonos de contacto: 981 542 607 / 629 422 907

Aviso legal | Accesibilidade