Obradoiros
Benvidos a bordo!
O Obradoiro sobre o patrimonio etnográfico mariñeiro, co que se inician as actividades educativas e divulgativas do barco
Hidria, componse dunha colección de paneis fotográficos, obxectos e elementos interactivos e manipulativos que, organizados en doce módulos temáticos, nos van descubrindo os máis variados aspectos das relacións tradicionais dos mariñeiros galegos co océano.
Ao longo de 90 minutos aproximadamente, os monitores do
Hidria irán presentando os máis sorprendentes e curiosos aspectos das relacións milenarias entre os homes e mulleres da Fisterra galega e o seu medio vital: o Atlántico. A medida que avancemos polas cubertas do
Hidria irémonos atopando con diferentes contidos e experiencias, como por exemplo:
- Pescar para comer. Artes antigas e eficaces. Para poñer en práctica os contidos tratados neste módulo, escolleremos a fisga como elemento e técnica de pesca para experimentar con ela. Veremos as posibilidades e requirimentos de diferentes instrumentos de pesca artesanais e despois…"pescaremos". No caso da fisga precísase concentración, rapidez e puntería. E só o pescador, porque os peixes o que precisan é habilidade e rapidez. A parte manipulativa deste módulo, como todas as demais, non require nin auga nin peixes de verdade… para iso xa están os membros do grupo visitante.
- Xornada de pesca. Coa aparello máis básico para capturar peixes, as canas, viviremos unha emocionante sesión de pesca artesanal. Traballaremos conceptos como que especies son de interese comercial, o respecto polos caladoiros e as zonas de veda para reprodución, o respecto polas especies non comerciais ou protexidas, etc. Ademais deberemos competir e colaborar ao mesmo tempo para ser eficaces no noso traballo e... ser rapidiños. Ao final teremos que preparar o peixe para a súa presentación e venda.
Normas para visitarnos
- As visitas faranse preferiblemente en grupos organizados, cun límite de personas por grupo e nos horarios previstos. No caso de grupos escolares é obrigatoria a presenza permanente co grupo, cando menos, dun profesor durante toda a actividade.
- Esta oferta didáctica esta dirixida a todos os niveis de ensinanza dende 2º ciclo de Educación infantil até a E.S.O.
- É preciso chamar con antelación para solicitar data de visita. A ampliación de información e o rexistro de reservas de datas de visitas realizaranse no teléfono: 667 612 037
- Durante a estancia a bordo prégase non fumar, beber ou tomar calquera tipo de alimentos.
- O horario de actividade do obradoiro é de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h.