O peirao de Curuxeiras acolleu do 5 ao 8 de xullo o VIII Encontro de Embarcacións Tradicionais de Galicia
05/07/07
Máis dun cento de embarcacións procedentes de toda a Península Ibérica e de Francia participaron na gran celebración da cultura marítima e fluvial en Ferrol.
» Ler mais
Participarán duascentas embarcacións tradicionais chegadas de toda a Península Ibérica e de Francia
27/06/07
Esta celebración conta co apoio da Consellaría de Cultura e Deporte, embarcada na promoción e difusión da cultura marítima e fluvial galega a través do programa NaBeira08, que está a percorrer toda a costa galega para amosar as nosas embarcacións tradicionais.
» Ler mais
18/06/07
A exposición Patrimonio do vento e do sal: embarcacións tradicionais galegas estivo este domingo, 17 de xuño, no Paseo da Calzada de Cambados.
» Ler mais
11/06/07 A capital da Ribeira Sacra, premiada pola seu proxecto de recuperación da cultura marítima e fluvial foi este domingo o escenario para a última parada da itinerancia do proxecto Nabeira, que se instalou en pleno casco histórico, na Rúa Cardeal. » Ler mais
22/05/07
Despois do seu paso por Vigo, Cangas, Bueu e Pontevedra a itinerancia de Nabeira08 chegou a Vilagarcía este domingo 27 de maio, coa maior presenza de embarcacións tradicionais galegas despregada ata o momento neste proxecto.
» Ler mais
Na Boa Vila
17/05/07
A praza da Ferrería da cidade de Pontevedra acolleu unha nova parada do Proxecto Nabeira08 nun día marcado pola celebración do Día das Letras Galegas.
» Ler maisPRESENTACIÓN
07/05/07 A festa marítima bianual do patrimonio galego marítimo e fluvial chega entre os días 5 e 8 de xullo a Ferrol, un evento que vén de presentarse na Dirección Xeral para o Deporte. Na conferencia de presentación participaron a conselleira Ánxela Bugallo, o presidente de Federación de Cultura Marítima Fernando Piñeiro, o responsable da área de Promoción Económica da Deputación da Coruña, Pablo Villamar, e o presidente do Club de Mar de Ferrol, Bernardo Maiz. » Ler mais
MOSTRA ITINERANTE
06/05/07
Patrimonio do vento e do sal chegou a Bouzas e fixo as delicias dun gran número de nenos e nenas que participaron activamente nos obradoiros que acompañan a exposición. A presenza de embarcacións tradicionais, tanto en terra como na auga, chamou a atención de moitas familias viguesas.
» Ler mais
A CORUÑA





Teléfonos de contacto: 981 542 607 / 629 422 907